martes, 18 de septiembre de 2012

Instalando aplicacións na Playbook: sideloading (I)



Requisitos:

                   - PC+Windows+Blackberry Desktop Manager (DM)
                   - Cable USB
                   - Java Runtime Environment (JRE)
                   - DDBB 
                   - Aplicación a instalar (con extensión ".bar" )


En primeiro lugar, debemos activar o "modo de desenvolvemento" na Playbook accionando o interruptor que se atopa no menú de configuración -> seguridade -> modo de desenvolvemento.




Inmediatamente e como medida de seguridade, solicitarase a introdución dun contrasinal.É moi importante recordalo, xa que o empregaremos máis adiante.




A continuación, se volvemos á pantalla do escritorio, observaremos como na parte superior dereita aparece unha nova notificación informado da dirección IP asociada ó dispositivo no modo de desenvolvemento (neste exemplo é 192.168.10.151)




Tras ter instalado tódolos programas anteriores, conectamos a nosa tablet ó PC a través do cable USB e executamos o Desktop Manager.Tras uns intres, a icona correspondente á Blackberry Playbook aparecerá na pantalla principal. Isto indica que o dispositivo é recoñecido de xeito correcto polo sistema operativo



                  

Sen pechar o DM, executamos o DDBB. Podemos comprobar como na parte esquerda aparecen diferentes campos baleiros relativos á dirección IP, contrasinal, versión do sistema operativo interno e PIN .



Enchemos o campo "Playbook IP Adress" coa dirección IP proporcionada na notificación do escritorio,así como o contrasinal que introducimos ó comezo.De seguido, prememos en "Connect" .Se non se producen problemas, nuns segundos, os campos OS,PIN e Version , aparecerán completados . No caso contrario, intentaremos que a Playbook sexa atopada premendo no DDBB o botón "Scan" .

Engadimos co menú "Add" as aplicacións que queremos instalar (deben ter a extensión ".bar" ). Segundos despois e tras premer "Install" ¡as aplicacións aparecerán no escritorio da nosa tablet preferida!


* ¿De onde consigo as aplicacións coa extensión ".bar" ?

- Existen moitas páxinas que almacenan estas aplicacións.

* ¿Por que algunhas destas aplicacións non están no AppWorld?

- Practicamente a totalidade de aplicacións portadas de Android non se atopan no AppWorld debido á política interna de RIM.Outras aplicacións nativas, non superaron os filtros para ser aloxadas ou ben son versións de proba que os programadores colgan das súas webs.

* ¿As aplicacións con esa extensión son nativas para a Playbook?


- A Playbook só funciona con aplicacións de extensión ".bar".Agora ben, tanto as aplicacións nativas coma as portadas terán esa extensión.

* ¿Como instalo aplicacións de Android?

- A Blackberry Playbook emprega aplicacións con extensión ".bar", mentres que os sistemas con Android empregan aplicacións con extensión ".apk". Existen procedementos para converter as aplicacións de Android a formatos compatíbeis coa Playbook aínda que se precisan coñecementos avanzados de programación. Sen embargo, ¡existen webs nas que podemos descargar directamente os ficheiros convertidos e preparados para a instalación!

* ¿É legal facer este tipo de instalación?

- Si, ¡sempre que non instalemos aplicacións de pago piratas!.A meirande parte das aplicacións dispoñíbeis son de balde, aínda que de vez en cando podemos atopar versións de pago crackeadas.

* ¿É perigoso?¿Podo perder a garantía oficial?

- Non se ten constancia de tablets inoperativas por facer sideloading.De tódolos xeitos,RIM non recomenda empregar instalacións non oficiais, gardando o dereito a romper a garantía.








No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada